Díxenlle á rula:Pase miña señora;
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentóu:
-Calquera día sin decatarte do que fas dices: Pase miña señora¡
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

No hay comentarios:
Publicar un comentario