
QUEIXAS
Volve,
noite misteriosa,
¡ay! volve
noite serea,
menciña dos
meus pesares,
consolo das
miñas penas;
volve coa
pálida lúa
que os
regueiriños refrexan,
co as tuas fadas
e sonos,
co a tua
brisa que abanea,
runxendo,
runxendo a modo
nos soutos
e ramalleiras.
Volve
estrela cobizada
que de
noite escentileas;
luceiro dos
namorados
que no
firmamento velas;
se, n’estas caladas horas
d’amor e d’
encanto cheas,
a i-alma da
miña i-alma
a ti os
seus ollos eleva,
dille que
morro d’ amor,
que vivo
pensando n’ela;
dille que,
cando ti brilas,
es a sola
confidenta
das bágoas
que do meu peito
rompen a
cárcere estreita.
Dille que
cando a alborada
as suas
galas desplega
entre
brétemas de rosa
chorando
venme Á sua reixa,
mentres
ela, n’outros brazos,
lonxe da
querida terra,
recordo de
tantas ditas,
quizáis se
esquence da aldea
onde os pes
da santa Virxen,
axiunllada
na igrexa,
dándome unha
cruz bendita
e un
escapulario en prenda,
díxome: “
Por sempre tua”
i-eu xurei
sempre querela.
Volve, noite misteriosa,
¡ay!, volve
noite serea,
menciña dos
meus pesares,
consolo das
miñas penas!
Así contan
que un amante
daba suas
queixas ao vento,
mentras que
unha linda nena
que lavaba
n’un regueiro,
este cantar
entoaba
repetido
polo eco:
“Amor,
constancia, ventura,
todo morre
tarde o cedo:
onte non
sei se te vin;
se te vin,
hoxe…non lembro.
Francisco
Lumbreras ( 1899)
A Coruña
Escuché este tema y me gustaría conseguirlo. No hay constancia YouTube. Etc
ResponderEliminar