jueves, 30 de marzo de 2023

JUAN ANTONIO GAGO DE MENDOZA, O LIBERADOR DE MARÍN

Cando eu era Neno-Deus en Marín (e que Juan Ramón Jiménez me perdoe), gustaba de pasar polo monolito adicado a Juan Antonio Gago de Mendoza, mariño marinense nado na Brea, una aldea de Seixo, parroquia de Marín, un sete de novembro de 1761. Loitou contra os ingleses e contou cunha  patente de corso do rei Carlos IV. No ano 1800, Gago de Mendoza venceu en Aguete aos ingleses e comenzou a construir o pazo de Chirleu do que despois falarei. Eu, lémbrome especialmente de Gago, porque foi o comandante das Alarmas do Morrazo, a península que separa as rías de Pontevedra e Vigo. As Alarmas foron un sistema de defensa que alertaba ao Morrazo do peligro dos franceses. Gago liberou Marín das tropas galas e participou tamén na famosa batalla de Pontesampaio na cal é fama que os soldados galegos combatiron ao son da muiñeira de Pontesampaio. Gago de Mendoza tamén loitou na reconquista de Vigo xunto ás tropas ourensans de Cachamuiña de quen vos falarei noutra entrada.

         Gago de Mendoza, na punta de Chirleu, construíuse un pazo que aínda é propiedade dos seus descendentes e, nos seus comenzos, tiña foxo, porto propio e muralla. Despois pasou a ser fábrica de salgadura e estaleiro. O pazo é agora a sede do Náutico de Aguete, pero na vivenda principal, en cuxa porta pode verse o escudo de armas da familia, viven os descendentes do ilustre mariño marinense. Eu, que tantas veces percorrín o camino das praias, sinto agora, no medio e medio de Castela, como o vento mareiro se chega a miña xanela e peta nos vidrios para contarme vellas historias de corsarios, franceses e mariños valentes. Non sei, serán cousas da idade.

 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario