viernes, 31 de marzo de 2023

DON CASTO MÉNDEZ NÚÑEZ OU A HONRA DA PATRIA

 


No meu libro de lecturas de carto de EXB falábase dabondo dos héroes e da patria, dous términos que, a día de hoxe, son exemplo de actitude políticamente incorrecta porque xa non hai héroes e tampouco sábese moi ben o que é España que pasou de ser “una unidad de destino en lo universal” a un país de países (con genitivo ponderativo) e outras cousas peores que non vou repetir. Nos dibuxos a cor do libro, que eran dun trazo claro, sempre me gustaba ollar a efixie dun mariño vigués que tiña longas patillas cuxo camarote vía eu no Museo de Pontevedra e sentía un pouquiño de medo porque coidaba que estaba no medio dunha batalla,  no medio e medio do mar e que, dun momento a outro, un cañonazo ía facer unha vía de augua que botaría o barco ao fondo.  O mariño chamábase don Casto Méndez Núñez e, na igrexa da Peregrina, gardase unha cuncha xigante que don Casto regalou a Virxen que é patrona da provincia de Pontevedra, pero non da cidade, (como moitas veces se pensa erróneamente) cuxa patrona é a Virxen da O. Pero volvamos ao tema porque deste mariño vigués lémbrome sempre dunha frase:

Más vale honra sin barcos que barcos sin honra.

Nestos tempos que corren, falar da honra non é políticamente correcto porque vivimos nunha España avergoñada da súa historia e que anda a pedir perdón polo mundo enteiro por ter levada una lingua e unha civilización ata o fin do mundo. Outros sí que foron xenocidas (gardar aos indios en “Reservas” e darlles ben de alcohol ata que sexan un pobo de bébedos non é moi humanitario, digo eu) e non teñen vergoña.

         Hoxe, don Casto non podería pronunciar a súa famosa frase porque a honra (ou o que queda dela) véndese ao mellor postor nos mercados financieros.

         Nesta España nosa, temos medo de dicir, como din os franceses sen medo e sen vergoña:

         “Gloire aux héros de la Patrie”

         Non temos remedio aínda  que veña a escola de menciñeiros ao completo de don Álvaro Cunqueiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario