Hai
cousas que non sei ( o sí que sei e non o quero decir) por qué non veñen nos
libros, nin nos libros de texto daquela época remota da miña infancia, nin nos
libros de hoxe. Estou a falar da revolta dos Irmandiños que foi a maior revolta
europea do século XV e que tivo lugar na Galicia que estaba nunha situación de
conflicto social (fame, epidemias e abusos pola parte da nobreza galega) e
política (guerra civil na Castela). Os nobres galegos, os Osorio, os Ulloa, os
Sotomayor, cometían terribles abusos no pobo e iso deu lugar a Gran Guerra
Irmandiña entre os anos 1467 e 1469. O pobo, farto dos abusos, levantouse en armas
contra os nobres e destruíu os castelos – cento trinta en total- de moitos nobres
que fuxeron a Portugal e Castela. Foi un nobre galego, Pedro Madruga o que
iniciou desde Portugal o ataque dos señores contando con boas e modernas armas como
os arcabuces. Os xefes da revolta morreron e don Pedro Madruga, que era un
Sotomayor, venceu aos pobres. Don Julio Valdeón Baruque fala desta revolta que
foi, avant la lettre, unha Revolución Francesa na Galicia medieval, no seu
libro Los conflictos sociales en el Reino
de Castilla en los siglos XIV y XV.
Por certo, que don Pedro Álvarez de Sotomayor, recebeu este sobrenome
porque loitaba na madrugada, algo non habitual nos cabaleiros da época que
preferían quedarse nos seus castelos gozando do dereito de pernada. E tamén,
por certo, algún tolo, anda a decir que Madruga foi, nin mais nin menos, que Colón. Si, lestes ben, Colón. Din que don
Pedro, despois do seu apoio a Juana la
Beltraneja, tiña asumida a identidade de Colón e que don Cristóbal e don Pedro
foron a mesma persoa. Non é moi creíble a historia, pero o que sí que é certo é que don Pedro fixo que os galegos voltaran a
súa escravitude e deixou craro que na Galicia da Baixa Edade Media os que
mandaban eran os “de sempre”. Aínda
tiveron que pasar moitos anos e moitas cousas para que o pobo galego vivise na
libertade que merecía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario