sábado, 18 de marzo de 2023

DON PAYO GÓMEZ CHARIÑO

 


Se alguén ten a grande sorte de chegarse a Pontevedra, agora que os camelios están en fror, pode visitar o mosteiro de San Francisco e ver a tumba de don Payo Gómez Chariño que foi almirante da frota que conquistou Sevilla ao mando de don Fernando III el Santo e que foi nomeado almirante polo mesmo rei. Ademais de guerreiro, don Payo foi político e, cando, a morte de Sancho IV,  don Juan de la Cerda pretendeu a coroa dos reinos de Sevilla, Galicia e León, mentras doña María de Molina quedaba como rexente na Castela e Toledo, enfrentouse a o principal valedor da idea na Galicia que foi Juan Alfonso de Alburquerque ao cal fixo prisioneiro. Mal acabou don Payo pois foi asesinado por Rui Pérez Tenorio en 1295. O que é admirable é que, con esa vida tan axetreada, tivese tempo aínda de escribir poesía. Si botamos unha ollada aos grandes trovadores do século XIII, temos ahí a Gómez Chariño que compuxo poemas como o que sigue:

As frores do meu amigo

briosas van no navío

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

As frores do meu amado

briosas van eno barco!

 

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

Briosas van no navío

pera chegar ao ferido.

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

Briosas van eno barco

pera chegar ao fossado.

 

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

Pera chegar ao ferido,

servir mí, corpo velido.

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

Pera chegar ao fossado,

servir mí, corpo loado.

 

E van-se as frores

d’aquí ben con meus amores!

Idas son as frores

d’aquí ben con meus amores!

 

¡Ja con el Payo, primo!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario